Federación de Asociaciones de Vecinos de Lugo

Comentarios recientes

María leiro en PETICIÓN UNA CALLE EN ALBEIROS…
Carme en DÍA DO VECIÑO EN IMAXES

Categorías

Nuevos buses: La federación vecinal se reúne con el PSOE y el BNG con los jubilados

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA 22 06 2021

O SAGRADO CORAZÓN “NON ADMITE NINGÚN PUNTO DO TRAZADO DAS NOVAS LIÑAS DE BUS”

LUGO

O Sagrado Corazón “non admite ningún punto do trazado das novas liñas de bus”

SAGRADO CORAZÓNLIÑAS DE BUSFEDERACIÓN VECIÑAN

A veciñanza do Sagrado Corazón e da súa área de influencia, “non admite ningún punto do deseño e trazado das liñas de Autobuses Urbanos definido de forma arbitraria e sen consulta previa, nin presentación algunha nin opción de alegacións aos cidadáns de Lugo”. Así o informa unha nota aos medios remitida pola Federación Veciñal Lucus Augusti e que asegura que a veciñanza do barrio non acepta as novas conexións.

“Non temos coñecemento do novo convenio que modifica o servizo de buses, as súas condicións, quen o aprobou (a pesar dos cambios levados a cabo), temos que ter en conta que como servizo público ten que estar moi claro, xa que está en xogo do diñeiro dos cidadáns de Lugo, e queremos coñecer tamén o seu custo incluíndo comparativa entre o novo Plan e o anterior, derrogado con escurantismo total”, aseguran dende a Federación.

A Federación, ademáis, asegura que non “da como aceptable” o novo Plano de Liñas impreso en papel e que tildan de “non interpretable” pola mioría da cidadanía que “non é capaz de ler o nome das paradas ás veces nin con lentes, tampouco o sentido de circulación dos buses nin o xeroglífico que substitúe ao mapa da cidade”.

Unhas duras críticas da cidadanía ás novas liñas de autobús que, din, “parece feito aposta para tomar o pelo a quen tente tomar un bus”.

“Non é certo que se tentou dar un mellor servizo cun recorte de tempo entre buses, xa que en varios casos estes tempos están ao redor dos 50 minutos ou unha hora. Non admitimos a eliminación de liñas en sentido subida por Venancio Senra para acceso ao Polígono Sagrado Corazón e As Gándaras (liña 7ª) nin a liña que levaba ao Cemiterio, nin que algúns servizos sexan un percorrido turístico por varios roteiros do concello”.

A Federación, co respaldo da veciñanza do Sagrado Corazón, esixen ao Goberno local que se dispoña de “polo menos 3 áreas de transbordo” en paradas deseñadas para enlazar toda a cidade e “cunha formulación clara de transbordos gratuítos”.

Para a federación “este foi un proxecto pantasma” dado que só atende á cidade de Norte a Sur, e consideran que non ten en conta as necesidades da poboación e dos barrios. “Podemos dicir que o Sagrado Corazón está agora incomunicado co resto da cidade e dos servizos”.

“O Plan de buses urbanos debe volver ao seu inicio, escoitar aos cidadáns, presentalo e escoitar todas as alegacións, xa que esta chapuza de proxecto non vale para a cidade”, esixe a federación quen avanza que “de non ser escoitados, os cidadáns debemos saír á rúa a manifestarno e a esixir a súa retirada inmediata, poñendo provisionalmente a funcionar o vello plan de urbanos”.

“Se non saben facelo, abandonen as súas ideas; do contrario se non teñen presuposto paraampliar o servizo ás necesidades de Lugo, búsqueno, esa é a súa obriga. Nós non somos tontos nin plañideiras”, conclúen.

FUENTE: XORNARL DE LUGO 21/06/2021

Os Veciños dan Milagrosa amosan as súas queixas polo bus

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA 19/06/2021

Recogida de quejas en A Milagrosa por los buses urbanos

FUENTE: EL PROGRESO 19/06/2021

La Federación se reunió con más colectivos vecinales por el bus

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA 18/06/2021

Continúan as queixas sobre as novas liñas de autobús urbano de Lugo

Continúan as queixas sobre as novas liñas de autobús urbano de Lugo

18 Xuño, 2021

Na tarde do mércores 16 de xuño de 2021, ao redor de 40 veciños e veciñas do barrio lucense das Gándaras reuníronse, convocados pola Asociación Veciñal Piñeiro -presidida por Flora Rubinos Rois- e á que asistiron tamén membros da Xunta Directiva da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo para abordar a problemática do novo trazado de liñas de autobús urbano de Lugo.

Os veciños e veciñas das Gándaras denunciaron principalmente a modificación ou a eliminación das tres liñas de autobús coas que se contaba no barrio. Por unha banda, a liña 7A foi eliminada, a liña 13 foi modificada e xa non accede ao Campus Universitario e a actual liña 4.2 non ofrece información de horarios no seu traxecto dende Sindicatos ata As Gándaras.

Outro dos puntos de maiores protestas correspóndese co acceso ao centro da cidade de Lugo e a puntos de referencia como á praza de Abastos ou á praza de Santo Domingo, de cuxo servizo si dispoñían nas Gándaras e que ahora foron eliminadas.

Outra das queixas máis repetida foi a referida á liña de autobús que conecta co barrio do Sagrado Corazón dende As Gándaras, onde só existe servizo no traxecto de baixada.

“Á vista de todo o anterior, resulta inmediato comprender que quen era ata o momento usuario do transporte público deixe de selo, deixando os autobuses urbanos baleiros; evidenciando a súa absoluta inoperancia no que se refire a prestar servizo público, abonado cos impostos de todos os lucenses, ademais de non desatascar o tráfico nin paliar a contaminación ambiental” denunciaron desde a Federación Lucus Augusti.

Ademais, insisten “na necesidade de instalar marquesiñas, así como dispoñer dun servizo de mantemento e limpeza das mesmas. Ademais, solicitamos que ditas marquesiñas ofrezan aos usuarios información actualizada e accesible aos usuarios con necesidades especiais, e horarios en tempo real. É esta una das queixas máis repetidas en todos os barrios e parroquias”. “De igual maneira, volvemos facer fincapé na necesidade de que os transbordos sexan gratuítos”, engadiron.

Novamente, dende a entidade “volvemos instar aos titulares da Concellería de Movilidad do Concello de Lugo a que se reúnan cos veciños e veciñas de cada barrio e parroquia lucense, como estamos a facer desde a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo. É a súa obrigación como responsables públicos”.

FUENTE: LUGOXA 18/06/2021

La federación de vecinos reúne a afectados por el cambio de los buses urbanos

FUENTE: EL PROGRESO 16 06 2021

Albeiros reclama unha liña de autobús directa ao HULA

Albeiros reclama unha liña de autobús directa ao HULA

14 Xuño, 2021

Os veciños e veciñas do barrio lucense de Albeiros reuníronse o pasado xoves 10 de xuño de 2021, convocados pola Asociación Veciñal San Lorenzo, presidida por Fernando Rois Rois, para abordar a temática relacionada co novo trazado de liñas de autobús urbano na cidade de Lugo e en que modo lles afecta.

A reunión, que tivo lugar xunto á Ponte da Vía, ás 20.30 horas e á que asistiu tamén a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo, acudiron ao redor de 100 persoas do barrio de Albeiros.

No transcurso do devandito encontro, o Presidente da Asociación San Lorenzo de Albeiros presentou publicamente a proposta na que se refire á liña de autobús urbano -que solicitan á Concellería de Mobilidade do Concello de Lugo- número 12 que “cubriría o percorrido comprendido dende o centro da cidade ata o polígono das Gándaras, e dende alí ata o HULA e procedendo, a continuación, a realizar o percorrido de volta cubrindo o mesmo  traxecto”.

“A proposta foi previamente consensuada cos veciños e veciñas e, ademais, o presidente volveu a preguntar se esta era a liña de autobús urbano que o barrio de Albeiros pide, obtendo unha afirmación rotunda e unánime por parte dos asistentes”, defenderon dende a Asociación San Lorenzo.

Así mesmo, engadiron “cabe matizar, neste punto, o importante número de persoas de idade avanzada, ademais de con problemas de saúde, que residen neste barrio, e que coa liña de autobús urbano actual non poden acceder ao HULA, véndose obrigados a pagar un taxi, algo que con pensións de 600-700 euros de media resulta inviable”.

Ademais, os veciños e veciñas do barrio lucense de Albeiros defenden que chegarán ata o final na súa petición; e, de non ser atendidos, procederán a emprender novas medidas, como a recollida de firmas -como xa se está realizando nos barrios de O Carqueixo, A Ponte e A Tolda- ou, se fose preciso, convocar unha manifestación.

Para finalizar, dende a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de  Lugo “reiteramos a nosa petición aos titulares da Concellería de Movilidad do Concello de Lugo de que escoiten aos lucenses e non fagan caso omiso das súas queixas ou propostas; así como que procedan á instalación de marquesiñas e as doten dun servizo de mantemento”.

FUENTE: LUGO XA 14/06/2021

Carlos Vázquez Pena Preside la Asociación de Vecinos de Conturiz, que organiza una charla médica de Ana Ferreiro

FUENTE: EL PROGRESO 14/06/2021

Vecinos de Conturiz y Nadela se oponen a las rutas del bus

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA 13/06/2021