Federación de Asociaciones de Vecinos de Lugo

Inicio » Sin categoría » Lugo entrega os premios aos Milagrosistas do Ano 2024

Lugo entrega os premios aos Milagrosistas do Ano 2024

Comentarios recientes

María leiro en PETICIÓN UNA CALLE EN ALBEIROS…
Carme en DÍA DO VECIÑO EN IMAXES

Asociaciones federadas

27 Abril, 2024

Un ano máis celebrouse en Lugo a tradicional entrega dos galardóns Milagrosistas do Ano 2024, unha cita que tivo lugar o venres 26. De novo, entre os vinte premiados atópanse dende concelleiros, membros de asociacións, médicos ou veciños da zona aos que recoñecen o seu compromiso social e que representan “un completo mosaico da sociedade”, dixo o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, que entregou seis dos recoñecementos.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, tamén felicitou aos galardoados pola súa achega e compromiso co  barrio da Milagrosa e con toda a cidade de Lugo, “pois o traballo por  un presente e un futuro mellor para toda a súa cidadanía debe ser  recoñecido”. Para Fernández destácase así o labor de “homes e mulleres que traballan no eido público, en distintos sectores empresariais, na educación, na sanidade ou na investigación”.

Así mesmo, sinalou que dende a Deputación apoian o movemento veciñal “e estamos convencidos do potencial do talento lucense en todos os eidos de actividade”, como o sector primario ou a hostalería e o comercio, “pero tamén en ámbitos como a ciencia, a educación e a industria”. Cos premios, que xa superan as tres décadas de existencia e están consolidados como unha auténtica tradición na cidade, recoñécese o traballo e o compromiso social de persoas, entidades e empresas e divúlgase a identidade da Milagrosa.

Os premiados desta edición foron Emilio Álvarez Gómez, veciño da Milagrosa; Cintia Fogueira Cobos, investigadora postdoctoral; Juan José Fernández Arrojo, Subdelegado de Defensa de Lugo; Eva Real Devesa, policía local; Sonia Verdes Gil, directora da Granxa Gayoso Castro; Susana Vázquez Mariño, xuíza; Manuel Touceda Souto, coronel xefe da Comandancia de la Garda Civil de Lugo; Francisco Javier Carballada González, médico especialista en alergoloxía; Esteban Patiño Alves, director do Centro Comercial As Termas; José Conde Vales, xefe de Cirurxía do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) e Carmela López Moreno, Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas.

Tamén resultaron premiados Valentín González Formoso, Presidente da Deputación Provincial da Coruña; Eusebio Sánchez Álvarez, xefe de produción en Puleva Food, S.L; Moisés Muñiz García, xefe da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Lugo; José Manuel Rigueiro Veloso, director de Zona Centro ABANCA Lugo; Noemí Fraga Corredoira, directora do Servizo Provincial de Muface de Lugo; Manuel Buján Peón, Asociación Senatus Lucus Augusti; Antonio López Díaz, reitor de la Universidad de Santiago de Compostela; Pilar Ferreiro Martínez, xefa do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo e Olga López Racamonde, titular de la Concellería de Benestar Social e Maiores.

FUENTE: LUGOXA 27/04/2024


Deja un comentario

Comentarios recientes

María leiro en PETICIÓN UNA CALLE EN ALBEIROS…
Carme en DÍA DO VECIÑO EN IMAXES

Categorías