Federación de Asociaciones de Vecinos de Lugo

Inicio » Sin categoría » A gran feira de Lugo: artesanía, produtos do campo, verbenas e unha degustación de becerro ao espeto na Milagrosa

A gran feira de Lugo: artesanía, produtos do campo, verbenas e unha degustación de becerro ao espeto na Milagrosa

Comentarios recientes

María leiro en PETICIÓN UNA CALLE EN ALBEIROS…
Carme en DÍA DO VECIÑO EN IMAXES

Asociaciones federadas

Presentación da Feira de San Isidro da Milagrosa

Presentación da Feira de San Isidro da Milagrosa LAURA LEIRAS

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa presentou o programa da popular celebración, que terá lugar os días 24, 25 e 26

20 may 2024 . Actualizado a las 13:50 h.

Lugo prepárase para celebrar a súa gran feira: a de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa, que terá lugar os días 24, 25 e 26 e que contará con máis verbenas e cunha degustación gratuíta de becerro ao espeto.

O salón de plenos do Concello de Lugo acolleu este luns a presentación da vixésimo cuarta edición da Feira de Produtos do Campo e Artesanía, que se celebrará na Praza da Milagrosa entre o 24 e o 26 e que reunirá a uns trinta expositores de toda Galicia e tamén de Asturias e León. Unha cita da que a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, destacou «a súa aposta polo autóctono e por dar visibilidade aos produtos do noso sector primario».

O evento, organizado pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, contará este ano con varias novidades, grazas á colaboración do Concello, que leva apoiando desde os seus comezos a celebración desta cita. Neste sentido, Alvarellos asegurou que «un ano máis, demostrará o seu poder de convocatoria porque, ademais de ser unha festa que porá en valor os nosos produtos autóctonos e as creacións artesás, trátase dunha das feiras urbanas máis importantes de Galicia». 

A alcaldesa de Lugo fixo fincapé no importante poder de convocatoria deste barrio, polo que se mostrou convencida de que «durante estes tres días a praza da Milagrosa converterase nun auténtico escaparate dos produtos de máis calidade e sona do noso sector primario, servindo ao mesmo tempo de dinamizador para o resto do barrio e da cidade». Alvarellos aproveitou a presencia de preto de trinta integrantes deste colectivo que asistiron á presentación para «agradecer a vosa implicación e traballo na organización dunha cita xa consolidada no calendario festivo de gran parte da veciñanza lucense». 

Novidades do programa

Pola súa banda, o presidente da citada asociación, Jesús Vázquez, sinalou que «entre as novidades do programa desta edición, destacan máis actuacións musicais e verbenas, ademais dunha degustación gratuíta de becerro ao espeto, na que está previsto repartir máis de 2.500 racións e que é posible grazas á doazón particular de César Dorado, presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega».

Xunto a un gran número de veciños e veciñas do colectivo organizador, ao acto de presentación asistiron o presidente e o secretario da asociación, Jesús Vázquez e Luis Abel, respectivamente; o presidente de Acruga, César Dorado; e o deputado da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, en representación da Deputación, institución que tamén colabora dun xeito moi activo coa celebración desta feira.

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA 20/05/2024


Deja un comentario

Comentarios recientes

María leiro en PETICIÓN UNA CALLE EN ALBEIROS…
Carme en DÍA DO VECIÑO EN IMAXES

Categorías